Thursday 09 de May de 2024

Carral sobre rodas no “7º Día do Patín”


 

O 26 de outubro, preto de 140 afeccionados gozaron en Carral da patinaxe

O Concello deCarral e o club de patinaxe Alquimia organizaron o “VII Día do Patín” no Complexo Cultural e Deportivo de Paleo. Este evento, que nesta alcanza o seu sptima edición, ten a finalidade de fomentar unha práctica activa e saudable a través dunha disciplina deportiva que tantos “adictos” reúne en Carral.

Acudiron á cita os clubs e escolas do Liceo da Coruña, As Pontes, Club Patín Oroso, o Conxuro de Laracha, A Xunqueira de Moaña, Franciscanos de Coruña, Club Anca de Sarria e por suposto o club Alquimia e a escola municipal de patinaxe, ambos os dous deCarral, ademais de numerosos afeccionados a este deporte. En total participáronse 138 patinadores e afeccionados, o que consolida o aumento de participantes que se vai marcando ano tras ano. A actividade comezou sobre das 11.00 da mañá e prolongouse ata as 20.30 h, facendo unha pequena pausa ao mediodía para comer. Durante o día leváronse a cabo actividades lúdicas como a decoración e pintado de patíns e camisetas, proxección de gravacións de campionatos da especialidade e documentais técnicos, clases de iniciación para aqueles que nunca se puxeran uns patíns xogos para os máis pequenos, elaboración de coreografías, etc. Ademais este ano, incorporáronse novas actividades como o hóckey en liña, clases de descenso, clases de patinaxe en liña e freestyle.